Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 5 de xullo pódense presentar as solicitudes para o proceso selectivo de Intérprete do Patrimonio Turístico

30/06/2017
Conxunto histórico de Tui

Ata o mércores 5 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a contratación laboral a tempo parcial dunha persoa coma Intérprete do Patrimonio Turístico. O contratado terá dunha duración máxima de 6 meses rematando coma máximo o 31 de decembro de 2017.  As funcións a realizar son a promoción do patrimonio turístico, a difusión para a conservación do patrimonio turístico, histórico e natural; a planificación e deseño de roteiros do patrimonio, así coma a comunicación do significado do legado turístico, histórico e natural.

Os aspirantes deben estar en posesión do título de ciclo formativo de grao superior, FP II ou equivalente. Deberán presentar ata o 5 de xullo o modelo de solicitude e documentación requirida no rexistro de entrada da casa do concello de 9 a 14h, ou noutros rexistros contemplados na Lei de Procedemento Administrativo, debendo nese caso enviar copia da solicitude por fax ao 986 60 41 48.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios da casa do concello, na sede electrónica e na web www.concellotui.org.