Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Artello Teatro Alla Scalla 1:5 presenta este ventes no Teatro Municipal de Tui o clásico “Polgariño”

23/10/2008

Artello Teatro Alla Scalla 1:5 presenta en Tui o clásico “Polgariño”

Será este venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui

Mércores, 22 de outubro de 2008. Todo un clásico dos contos infantís é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Artello Teatro Alla Scalla 1:5. Trátase de “Polgariño”. A función comeza ás oito da tarde e as entradas poranse á venda dende ás 18.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ para os menores de 14 anos.

O clásico de Perrault fala galego da man desta compañía nun espectáculo que dirixe Manuel Pombal e que levan a escena Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. No mesmo mestúrase o teatro de autor co de monicreques para recrear unha historia que comeza no bosque onde vive unha familia de  leñadores, á que se lle aveciñan dificultades. Pese a seren o máis pequeno  dos cinco irmáns Polgariño, entende a situación pola que atravesa a familia, e emprega a súa audacia e valentía para facer fronte aos perigos que lles agardan no bosque.

O espazo escénico transfórmase durante a representación para crear os múltiples lugares nos que se desenvolve a acción. Xogando cos panos da escenografía e cos cambios de cor da luz, vanse xerando ocos, compoñendo formas ou descubrindo unha peculiar escena de sombras.

 

A música e os efectos de son foron compostos expresamente para o espectáculo por Ramón Souto. Para isto explorouse nas posibilidades sonoras do saxofón en interacción coa interpretación, na procura da máxima expresividade.

Este espectáculo forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui.

Artello Teatro Alla Scalla 1:5 con “Polgariño”

Data: Venres  24 de outubro ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas: o venres dende ás 18.30h

   no despacho de billetes de Área Panorámica

Prezos: 2,5€ - 2€ con desconto – 1,5€ menores de 14 anos