Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Artello Teatro Alla Scala 1:5 presenta en Tui “De Fábula”

2/05/2007

A cita será este venres ás 20.30hArtello Teatro Alla Scala 1:5 presenta en Tui “De Fábula”O espectáculo vai dirixido a un público familiar Artello Teatro Alla Scala 1:5 presenta este venres en Tui o espectáculo “De Fábula” dirixido a un público familiar. A cita será a partir das 20.30h no Teatro Municipal dentro da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura de Tui. Baixo a dirección de Manuel Pombal os manipuladores Rosa Hurtado e Santiago Montenegro levan a escena unha viaxe polo mundo das fábulas clásicas, protagonizada por unha raposa, Bulebule.   “De Fábula” é o último espectáculo dunha compañía que iniciou a súa andaina en 1978, e que hai dez anos fixo unha aposta polo teatro a escala con propostas coma “A do libro”, “Unha de Amor” e “Amadís de Algures”.  A obra deste venres, “De Fábula” vai dirixida a un público familiar e ten unha duración de 50 minutos. As entradas poranse á venda ás 16.30h na billeteira do Teatro ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5 para os menores de 12 anos. Artello Teatro Alla Scala 1:5 con “De Fábula”Lugar:Teatro Municipal da Área PanorámicaData e hora: Venres 4 ás 20.30hPrezo: 2,5€,  2€ con desconto, 1,5€ menores de 12 anosVenda de Localidades: Dende ás 16.30h na billeteira da Área Panorámica