Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Agrupación Musical de Belesar e a Banda de Música Popular de Tui protagonizan o XVI Festival de Bandas de Música

3/08/2007

A Agrupación Musical de Belesar e a Banda de Música Popular de Tu protagonizan o XVI Festival de Bandas de MúsicaCelébrase este venres, 3 de agosto, ás 22.30h na Praza de San Fernando 

Mércores, 1 de agosto de 2007. Este venres, 3 de agosto, ás 22.30h, a Praza de San Fernando acolle unha das citas clásicas do Verán cultural na cidade coma é o Festival de Bandas de Música que chega a súa décimo sexta edición.  Correrá a cargo da Agrupación Musical de Belesar de Baiona, e da Banda de Música Popular de Tui. A organización corresponde á Concellería de Cultura de Tui. A Agrupación Musical de Belesar, Baiona, ten as súas orixes nas clases extraescolares de música que o seu director Javier Domínguez Millán, comezou a impartir no colexio público de Belesar, e que tras varios meses de intenso traballo darían lugar a actual banda.  Comezou estando integrada por 45 músicos, e na actualidade está formada por 60 mozos con idades entre os 12 e os 26 anos.  Ao longo do ano organiza distintos concertos na súa parroquia, en 2005 logrou o segundo premio do V Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra, e vén de presentar o seu primeiro traballo discográfico titulado “Na Saia da Groba”. Baixo a dirección de Javier Domínguez Millán intepretarán:-          Benicadell ...........................................Pasodobre-          Oregón ................................................Jacob de Haan-          The Music.Makers...............................Alfed Reed-          Balkan Dreams....................................Kees Schoonenbeek-          El Diablo de Madera ...........................Solista Javier Alonso – Harm Evers-          Na Saia da Groba................................Muiñeira de Javier Domínguez Millán A Banda de Música Popular de Tui, que actúa de anfitrioa neste evento, afunde as súas raíces no ano 1881 cando foi fundada. Na actualidade está integrada por 65 compoñentes cunha media de idade inferior aos 30 anos. Ten participado en programas de radio e televisión, e en festivais de música. Realizou intercambios e viaxes a Aveiro en Portugal, Asturias, Salamanca, a Comunidade de Madrid, a Comunidade Valenciana e a Bos Aires en Arxentina. Baixo a Dirección de Adolfo Besada interpretarán:-          Torre del Oro (pasodobre)........................R. Dorado-          Poeta e Aldeano (obertura)......................F. Suppé-          Cantigas Enxebres (rapsodia galega)......A. Besteiro-          Nostradamus (concerto)...........................Otto. M. Schwarz-          Country and Western    ...............................H.L. Walter-          Gato Montés (pasodoble).........................M. Penella 

XVI Festival de Bandas de MúsicaData: Venres 3 de agosto ás 22.30hLugar: Na Praza de San FernandoParticipan: Agrupación Musical de Belesar e Banda de Música Popular de Tui