Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Adxudicada a redación do proxecto do novo Centro de Saude de Tui

17/11/2009

Adxudicada a redación do proxecto do novo centro de saude de Tui

O novo edificio sanitario terá 2.800 metros cadrados, duplicando practicamente o espazo do actual.

O Diario Oificial de Galicia publicaba onte lúns, 16 de novembro, a adxudicación por 76.270 euros do contrato de redación do proxecto básico para construir un novo centro de saude en Tui.

O novo centro contará cunha superficie de 2.806 metros cadrados, praticamente o doble do espazo di actual edificio sanitario.

O novo centro terá unha área de atención aos nenos, contará cunha zona específica, con sala de espera infantil, tres consultas de pediatría y tres de enfermería pediátrica. No referente ao Punto de Atención Continuada, o PAC, disporá o novo edificio de dous consultas de medicina, unha de enfermería, duas salas de Reanimación e Observación, sala de espera e zona de estar dos profesionais, con catro dormitorios e vestiarios.

Amáis, contará con trece consultas de medicina xeneral e enfermería, unha área de educación maternal, consulta de farmacia, odontoloxía e para traballador social. As instalacions se completarán con áreas de fisioterapia, radioloxía e un espazo de atención especializadas con duas consultas médicas, unha de enfermería e unha sala de espera.

A redación do proxecto básico do novo centro de saude tudense foi adxudicada a Diaz&Diaz Arquitectura.

 

Fonte: www.lavoz.es