Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades para público infantil e concerto de Mi Calip’s e Factor 50 mañá venres nas festas de San Telmo

25/04/2019

O grupo de teatro San Fins estreará “Bar Manolo” na XI Semana de Teatro Amador

As actividades para público infantil e o concerto de grupos locais, xunto a Semana de Teatro Amador centran mañá venres a programación das Festas de San Telmo en Tui.

Mañá rematan os obradoiros infantís que se veñen celebrando dende o luns. Os nenos e nenas realizarán de 11 a 13 h, no Centro Sociocomunitario de Tui na rúa Colón, a decoración de cupckes con diferentes tipos de ingredientes.  Ás 16.30 h, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar a proxección da película “Operación cacahuete 2: misión salvar el parque” coa que se pecha a programación de cinema infantil.

Dende ás 19 h no Paseo da Corredoira actuará Máxico Brais e o pallaso Tanito co espectáculo “Menudo Circo”, dirixido a toda a familia. No mesmo mesturan maxia, clown, humor, música…

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará a comedia  “Bar Manolo” dentro da XI Semana de Teatro Amador, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

A partir das 22 h no Paseo da Corredoira os grupos tudenses Mi Calip’s e Factor 50 estarán en concerto no Paseo da Corredoira.

Tui – Festas de San Telmo

Venres 26

  • 11.00h-13.00h No Centro Sociocomunitario actividades infantís - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 16.30h-18.05h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (porta 10), cinema infantil “Operación cacahuete 2: misión salvar el parque” con En Un Tris Trás - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 19:00h-21.00h Na Corredoira, Festa Infantil Menudo Circo
  • 21.00h-22.15h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de “Bar Manolo” – *Entrada 1,5 €.
  • 22.00h-01.00h Na Corredoira, concerto dos grupos locais Mi Calip’s e Factor50.