Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As actividades de Nadal da Biblioteca Municipal comezan cunha videoconferencia con Papa Noel este xoves ás 17.00 h.

16/12/2008

 

A BIBLIOTECA MUNICIPAL PRESENTA AS SÚAS ACTIVIDADES DE NADAL CENTRADAS NO AUDIVISUAL.

 

Inícianse cunha videoconferencia con Papa Noel  este xoves 18 de decembro

 

A Biblioteca Pública Municipal tudense realizará ao longo das vindeiras festas de Nadal diversas proxeccións destinadas aos seus usuarios máis novos, promovendo un achegamento dos rapaces aos soportes audiovisuais.

 

Este programa comeza este xoves, 18 de decembro, cunha videoconferencia en directo con Papa Noel, posibilitando que todos os rapaces da cidade aproveitando as posibilidades dos novos medios audiovisuais poidan falar en directo con Papa Noel, presentándolle as súas preguntas e comentarios. Esta actividade dará comezo ás 17,00 horas e dadas as características do local o aforo é limitado. Está organizada pola Secretaria Xeral de Comunicación a través da Rede de Telecentros de Comunicación.

 

As seguintes actividades serán os venres 26 de decembro e 2 de xaneiro coa proxección de senllas películas de animación: "El Cid, a lenda" (2003) e "Gisaku" (2005) respectivamente.