Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades da Concelleria de Muller e Servizos Sociais co gallo do 25 de novembro, dia internacional contra a violencia de xénero

23/11/2009

Actos da Concelleria de Muller e Servizos Sociais para conmemorar 0 25 de novembro

A Concellería de Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro. A Concelleira Patricia Ricón sinala a importancia do 25-N, indicando que é fundamental que na rúa estea o debate e a problemática sobre a violencia de xénero. E nesta liña a Concelleria tudense promove diversas iniciativa coma o Concurso Fotográfico e iniciativas dirixidas ás mulleres para dotalas de ferramentas e proporcionando a interrelación.

Dentro destas iniciativas están a realización dun curso de cociña e repostería de intercambio intercultural. Era un curso do programa Actívate da Deputación de Pontevedra ao que non chegaban ao mínimo de alumnos, propoñendo un cambio que foi ben aceptado polo organismo provincial, abríndoo a mulleres de distintas nacionalidades no que participan magrebís, mexicanas, brasileiras e galegas.

No marco da calidade de vida en tempos de crise desenvolvéranse dous obradoiros, un o 25 de novembro de 10 a 14h na Área Panorámica sobre  "Sostenibilidade e aforro en tempos de crise" e o 3 de decembro de 16 a 20h sobre "Consumo responsable". En ambos casos o obxectivo é concienciarnos do excesivo consumo e axudarnos a reciclar.

A inscrición debe facerse nos Servizos Sociais do Concello de Tui, até o 24 para o primeiro curso e até o día 2 para o segundo.

Con respecto ao Concurso fotográfico "Relación home/muller 100% positiva" tivo segundo a Concelleira unha aceptación moi positiva, con maior calidade e con traballos que chegan incluso de Granada, Sevilla, ou Barcelona.

            Dende a Concelleria de Muller e Servizos sociais se ofrece a atención do personal deste Departamento municipal para promover a información e asesoramento ás mulleres en toda a problemática que lles afecta e especialmente nos caso de violencia de xenéro.