Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abertos os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento

30/04/2020

Esta semana abríronse de novo os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses.  A actuación levouse a cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o dotou dun novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear un espazo sensorial coa combinación de plantas elixidas.  Instalouse amais un sistema automático de rego.