Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

4º RESOLUCION TRIBUNAL AXUD. ADMINISTRATIVO INTERINO

13/11/2008

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA  En relación co proceso selectivo para a cobertura da praza de Auxiliar Administrativo en  réxime de interinidade do Concello de Tui, dictouse resolución de data doce de novembro na cal se procedía ao chamamento de Dna. Laudelina Fernández Fernández, con DNI nº 35.564.817-D, para que no prazo de tres días dende a comunicación da resolución acreditase os requisitos sinalados na base terceria da convocatoria de data nove de marzo.Con data R.E.13/11/2008, e dentro do prazo concedido, Dna. Laudelina Fernández Fernández, comunica a súa renuncia ao mencionado posto, en virtude do cal,

RESOLVO: 

Primeiro.- Aceptala renuncia de Dna. Laudelina Fernández Fernández.

Segundo.-De conformidade coa base oitava da convocatoria, procédese ao chamamento do seguinte candidato por orde de puntuación: Dna. Mercedes Iglesias López, con DNI nº 52.500.075-E, para que no prazo de tres días hábiles dende a comunicación desta Resolución, acredite os requisitos sinalados na base terceira da convocatoria de data nove de marzo, perdendo os seus dereitos se asi non o fixera..

Mandao e o asina o Sr. Alcalde acctal, ante min a Secretaria, en Tui, a trece de novembro de dous mil oito. 

 O  ALCALDE ACCTAL.                                                       A SECRETARIA