Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

3º RESOLUCION TRIBUNAL AXUD. ADMINISTRATIVO INTERINO

13/11/2008

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

 

CERTIFICA: Que con esta mesma data, por parte da Alcaldía, dictóuse a seguinte:

 “RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA  En relación co proceso selectivo para a cobertura da praza de Auxiliar Administrativo en  réxime de interinidade do Concello de Tui, dictouse resolución de data doce de novembro na cal se procedía ao chamamento de Dna. Susana Durán Martínez, con DNI nº 76.899.963-S, para que no prazo de tres días dende a comunicación da resolución acreditase os requisitos sinalados na base terceria da convocatoria de data nove de marzo.Con data R.E.13/11/2008, e dentro do prazo concedido, Dna. Susana Durán Martínez, comunica a súa renuncia ao mencionado posto, en virtude do cal,

RESOLVO:  

Primeiro.- Aceptala renuncia de Dna. Susana Durán Martínez.Segundo.-

De conformidade coa base oitava da convocatoria, procédese ao chamamento do seguinte candidato por orde de puntuación: Dna. Laudelina Fernández Fernández, con DNI nº 35.564.817-D, para que no prazo de tres días hábiles dende a comunicación desta Resolución, acredite os requisitos sinalados na base terceira da convocatoria de data nove de marzo, perdendo os seus dereitos se asi non o fixera..  

E para que así conste, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde acctal., expido a presente, en Tui, a trece de novembro de dous mil oito. 

Visto e Prace

O ALCALDE  ACCTAL.