Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença oferta unha trintena de actividades deportivas ao longo do ano

2/02/2017

Unha trintena de actividades de 18 modalidades deportivas conforman o programa que para este ano 2017 oferta a Eurocidade Tui Valença no ámbito deportivo. Estes eventos foron presentados esta mañá por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o director rexional do I.P. D. J, Instituto Português do Desporto e da Juventude, xunto aos concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, e de Valença, José Monte, e o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón.

No acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que a axenda deportiva de carácter transfronteirizo da Eurocidade é única en Europa, tanto polo número de eventos coma pola dimensión dos mesmos. Apuntaba que Tui e Valença teñen todos os ingredientes para que a Eurocidade se encha de contido e esta programación sexa un éxito polas relacións de veciñanza, a proximidade das dúas cidades, os dous conxuntos histórico e valor patrimonial único, xunto á intensa vida cultural e as infraestruturas deportivas de primeiro nivel. Engadía amais Enrique Cabaleiro que a singularidade medioambiental, patrimonial, e paisaxística da Eurocidade da aos eventos deportivo un valor engadindo.

Pola súa parte o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, afirmou que a Eurocidade é un proxecto político que se mantén porque as poboacións de Tui e de Valença así o queren, coma exemplo puña aos clubs deportivos dos dous municipios que traballan conxuntamente ao longo do ano. Nas actividades deportivas presentadas salientaba que algunha promoven hábitos de vida saudables, coma as Camiñadas da Eurocidade, e outras teñen un marcado carácter competitivo.

O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, destacou que os evento deportivos da Eurocidade van a máis ano a ano pola participación, pola asistencia de público aos mesmos e pola promoción turística e económica das dúas localidades que realizan. Coma exemplo citaba os máis de 120 participantes na I TT Eurocidade esta fin de semana ou os máis de 1000 inscritos xa VI Eurocidade BTT que terá lugar en marzo.

Mentres José Monte, vereador de Desporto de Valença, apuntou que as actividades organizadas buscan cada ano atraer novos deportistas que veñan coñecer o bo facer da Eurocidade no ámbito deportivo. E salientaba que Tui e Valença son dúas cidades históricas unidas polo deporte que contan cun patrimonio histórico, patrimonial e natural como escenario para as probas deportivas previstas.

O director rexional do I.P. D. J, Instituto Português do Desporto e da Juventude, felicitou aos mandatarios de Tui e Valença polo programa de actividades elaborado e brindoulles o seu apoio.

A primeira das actividades previstas será o I TT Eurocidade no que participarán 120 todo terreos que realizarán unha ruta de 45 quilómetros ao longo de toda a xornada.  

O programa complétase coa II Taça de San Teotonio (18/02) e a I Copa San Telmo (22/04) en fútbol, o II TT Eurocidade de motociclismo (25/02), a VI Eurocidade BTT(12/03) con máis de 1000 inscritos, o circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, o III Torneo Baloncesto (8-10/04), a VI Eurocidade 10 (11/06) de atletismo, o III Torneo de Judo (17-18/06) e o IV Campionato de Kung (25/06), a VII Travesía a Nado (xuño), o II Festival Aéreo (xullo), o II Descenso en Boias (xullo), o VI Torneo de Balonmán (agosto), o IV Trofeo de Hoquei (setembro), o II Campionato de Xadrez (setembro), o IV Torneo de Tenis (setembro e outubro) , o II Rallie Eurocidade (13-15/10), xunto ao IV Torneo de Baile Deportivo (novembro), o II Urban Trail Night (25/11) e a I Liga de Padel (anual), completa o amplo programa a desenvolver.