Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres preséntase a Axenda Cultural Corredoira do primeiro semestre de 2017

25/01/2017

Este venres, 27 de febreiro, ás 11h no ambigú do Teatro Municipal de Tui terá lugar a presentación da Axenda Cultural Corredoira que recolle a programación correspondente ao primeiro semestre de 2017.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González; xunto a Jacobo Sutil, director da AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais; a Fran Núñez, director e actor de Limiar Teatro; Xandre Vázquez, produtor de Educa Teatro; Cándido Pazo, director de Contraproducións, e Artur Trillo, director de Talia Teatro.