Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Solicitude de inscrición no programa Coidand@-me 2020

17/02/2020
Áreas: 
Servizos Sociais

Solicitude de inscrición en “Coidand@-me” o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.

As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.

O programa comezará o luns 9 de marzo.  Celebrarase os luns de 11 a 12.30 h no Centro Sociocomunitario. Ao longo de doce sesións abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.