Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mercado Semanal

Cada xoves celébrase en Tui o Mercado Semanal. Roupa, calzado, complementos,... son algúns dos sectores que están presentes, xunto a alimentación, a horta, a flor... Dende xuño de 2020 celébrase na rúa Mártires de Sobredo  e na zona da antiga fábrica de CamFran, anteriormente celebrábase nas rúas Compostela, Ourense, Betanzos, Lugo, Praza de Galicia e Paseo da Corredoira.

En xaneiro de 2023 solicitaron a renovación dos postos 128 vendedores e vendedoras, dos que 27 corresponden a alimentación. 

Mercado Semanal

  • Data: Xoves de 9 a 14 h 
  • Ubicación: Mártires de Sobredo (ver mapa)
  • Máis información: 986 60 36 25

Os vendedores ambulantes deben renovar anualmente a concesión de acordo cos requisitos establecidos na ordenanza reguladora e estando ao día no pago das taxas establecidas. 

Impreso renovación, cambio de titulariedade ou autorización de posto no mercado semanal

Áreas: 
Comercio