Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Solicitude de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo 2020

    9/03/2020

    Solicitude de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo 2020.

    Até o 17 de marzo ás 14 pódense presentar por rexistro de entrada no Concello as solicitudes de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo que se van celebrar do 11 ao 20 de abril de 2020.

    As persoas interesadas deben presentar o modelo de solicitude xunto coa documentación requirida.

  • Resumo Boletins do 23 ao 29 de marzo de 2020

    30/03/2020

    Resumo Boletins do 23 ao 29 de marzo de 2020

  • Resumo Boletins do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020

    6/04/2020

    Resumo Boletins do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020

  • Resumo Boletins do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020

    6/04/2020

    Resumo Boletins do 30 de marzo ao 5 de abril de 2020

  • Resumo Boletins do 6 ao 12 de abril de 2020

    13/04/2020

    Resumo Boletins do 6 ao 12 de abril de 2020

  • Convocatoria sesión nº 3/2020 de pleno extraordinario do xoves, 16 de abril de 2020

    14/04/2020

    A corporación municipal de Tui celebra o xoves, 16 de abril, ás 20 h pleno de carácter extraordinario, o nº3/2020. 

    Considerando que, se ben nos atopamos nun escenario de estado de alarma dende o pasado sábado día 14 de marzo, de conformidade co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, se considera necesario a convocatoria dun pleno extraordinario, dado o escenario de descoñecemento da duración de dito estado de Alarma e dada a necesidade de tratar os asuntos que se inclúen na orden do día, ao abeiro do disposto na DA 3ª do RD 463/2020 e de acordo coa motivación recollida nas respectivas propostas e, en especial, considerándose necesario para a protección do interese xeral axilizar o pago a provedores e empresas, procurando que esta situación de carácter excepcional teña a menor repercusión no ámbito económico, ou reaxustar as axudas para reparación de danos en vivendas da denominada “Zona cero” no barrio da Torre, Paramos, afectada pola Explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018, para posibilitar pagos a conta e pagos anticipados en relación con ditas axudas, ou modificar a ordenanza reguladora do procedemento de concesión de prestacións económicas para situacións de emerxencia social.
     
    Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello  e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia. 
     
    Se fai notar que se realizará unha nova distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.
     
    Polo exposto, esta Alcaldía, ao abeiro da DA 3ª do RD 463/2020, de 14 de marzo, e de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais,

    RESOLVE:
     
    PRIMEIRO.-Convocar Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 16 de abril ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:

    ORDE DO DÍA

    A) Parte resolutiva:
     
    1º.- Aprobación, se procede, de borradores de actas de sesións ordinaria nº 1, do 30 de xaneiro, e extraordinaria nº 2, do 9 de marzo.
     
    2º.- Expediente 667/2020. Proposta de Alcaldía, de data 03/04/2020, de levantamento de reparo suspensivo ao informe desfavorable emitido pola Intervención municipal nº 21/2020, con ref. EMP 60/2020, de data 23/03/2020.
     
    3º.- Expediente 1420/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1420/19 (ID 277).
     
    4º.- Expediente 1450/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente 1450/19 (ID 379).
     
    5º.- Expediente 1489/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar  a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº1489/19 (ID 275).
     
    6º.- Expediente 1490/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1490/2019 (ID 222).
     
    7º.- Expediente 1491/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1491/19 (ID 78).
     
    8º.- Expediente 1493/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº1493/19 (ID 281).
     
    9º.- Expediente 1495/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente 1495/2019 (ID73).
     
    10º.- Expediente 1496/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1496/19 (ID 276).
     
    11º.- Expediente 1718/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1718/2019 (ID 396).
     
    12º.- Expediente 2165/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, os beneficiarios no expediente nº2165/19 (ID 201).
     
    13º.- Expediente 501/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 13/03/2020, relativa á aprobación do expediente de crédito extraordinario número 1/2020 (modificación de créditos 3/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
     
    14º.- Expediente 664/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardóns, de data 08/04/2020, relativa á aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2/2020 (modificación de créditos 8/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
     
    15º.- Expediente 390/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 08/04/2020, relativa a excepcionar da regra xeral de suspensión dos prazos administrativos os procedementos de gasto e pago, incluída a aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2020, levantamento dos reparos interpostos pola Intervención Municipal e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2020.
     
    16º.- Expediente 683/2020. Proposta do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente, de data 08/04/2020, relativa a aprobación inicial de modificación da Ordenanza municipal reguladora do procedemento de concesión de prestación de carácter económico para situacións de emerxencia social.
     
    17º.- Expediente 365/2020. Proposta da Alcaldía, de data 13/04/2020, de levantamento de reparo interposto pola Intervención municipal (informe de data 11/03/2020), declarar a non suspensión do procedemento (DA3ª do RD 463/2020) e prestar conformidade ao Convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e o Concello de Tui para a execución, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de construción dunha pasarela peatonal na desembocadura do rio Louro. TM. de Tui (Pontevedra).

     B).- Actividade de control: 
     
    18º.- Expediente 827/2019. Organización e Disposicións Comúns de Control Interno: Dación de conta de acordos de levantamento de reparos interpostos pola Intervención Municipal. Exercicio 2019.
     

  • Resumo Boletins do 13 ao 19 de abril de 2020

    21/04/2020

    Resumo Boletins do 13 ao 19 de abril de 2020

  • Listaxe Comercio Local

    24/04/2020

    Co obxectivo de proporcionar información sobre os establecementos comercias que están abertos, os produtos ou servizos que ofertan, que contan con servizo de encarga ou servizo a domicilio confeccionouse a seguinte listaxe. 

    Os establecementos que desexen incorporarse á listaxe poden facelo  cubrindo o seguinte formulario. A relación de establecementos actualízase diariamente.

  • Resumo Boletíns do 20 ao 26 de abril de 2020

    27/04/2020

    Resumo Boletíns do 20 ao 26 de abril de 2020

  • Decreto Suspensión Eventos até o 30 de xuño

    28/04/2020

    Resolución da alcaldía pola que se acorda:

    • Suspender todos os eventos públicos culturais e deportivos organizados polo Concello ata o 30 de xuño.
    • Continuar co peche das instalacións municipais culturais e deportivas, biblioteca, teatro, sala de exposicións e centros culturais municipais das parroquias, mentres que non se dea una situación máis favorable dacordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.
  • Resumo Boletíns do 27 de abril ao 3 de maio de 2020

    5/05/2020

    Resumo Boletíns do 27 de abril ao 3 de maio de 2020

  • Impresos solicitude axuda de emerxencia social

    6/05/2020

    Impresos de solicitude de axudas ao abeiro da Ordenanza de Emerxencia Social. 

     

  • Instancia Xeral

    7/05/2020

    Modelo de instancia xeral

  • Proceso selectivo oficiais Plan Concellos 2020

    21/05/2020

    Anuncio resolución contratación oficial segunda albanel Plan Concellos 2020

  • Proceso selectivo peóns de horticultura Plan Concellos 2020

    19/05/2020

    Anuncio resolución contratación 6 peóns horticultura e xardinería Plan Concellos 2020

  • Proceso selectivo auxiliares de biblioteca e arquivo dentro do Plan concellos 2020

    22/06/2020

    Anuncio resolución contratación de 2 auxiliares administrativos biblioteca Plan Concellos 2020

Páxinas