Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui

    18/02/2020

    Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui publicadas no BOPPO o martes, 18 de febreiro de 2020

    O prazo para solicitar as axudas será de 3 meses a contar dende o 19 de febreiro ata o 19 de maio de 2020.

  • Ordenanza fiscal ocupacion solo, subsolo e voo

    1/01/2021

    Ordenanza da taxa por ocupación con tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxia eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, rieles, básculas, aparatos para a venda automática e outros semellantes que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local ou voen sobre os mesmos.

    Esta ordenanza reguladora entrou en vigor el 01/01/1999.

    O anexo á mesma publicouse en BOPPO Nº 42 do 28 de febreiro de 2008.

  • Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

    15/10/2021

    Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

  • Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

    15/10/2021

    Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

  • Axudas para a compra de vivenda no centro histórico de Tui 2022

    1/02/2022

    AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI 2022 
    PERSOAS BENEFICIARIAS

    • Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.

    REQUISITOS XERAIS

    • Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
    • Estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras.
    • Ingresos anuais da unidade de convivencia: ata 6,5 veces o IPREM.
    • Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos.
    • A persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español. *
    • O prezo de adquisición da vivenda será como máximo o previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, computando unha superficie útil de 120 m2.

    CONTÍA DAS AXUDAS **

    • Menores de 35 anos, ata 12.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
    • Maiores de 35 anos, ata 10.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
    • En todo caso, en vivendas situadas no ámbito da Área Rexurbe de Tui, a contía será de 15.000 € por vivenda, como máximo o 20% do prezo da vivenda.

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    • Anexo I, de solicitude.
    • Anexo II, de declaración de composición da unidade de convivencia.
    • Anexo III, de declaración da persoa solicitante e unidade de convivencia. En caso de non presentar a declaración de IRPF, acompañarase, en cada caso***:
    • Certificado de retribucións e retención de empresas.
    • Certificado de pensións ou prestacións.
    • Escritura pública da adquisición da vivenda, ou contrato privado de adquisición de vivenda, no caso de non dispoñer da primeira.
    • Informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada, sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación.
    • Certificado de empadroamento de todas as persoas empadroadas na vivenda, salvo que a vivenda sexa para rehabilitar.
    • Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico.
    • Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito de Área Rexurbe.

    SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

    • En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
    • Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.
    • Prazo de solicitude: Ata o 30/09/2022, ou esgotamento de crédito.
    • Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2022.

    Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos_ (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2022).
    * Exceptúase se se acredita non ter dispoñibilidade desa vivenda en propiedade.
    ** En caso de adquisición por máis dunha persoa, a axuda que pode recibir cada un deles determinarase aplicando a contía da axuda que lle correspondería no suposto de ter adquirido o 100% da vivenda a súa porcentaxe de cota adquirida. Cada unha das persoas deberá facer a súa correspondente solicitude.
    *** Os datos fiscais que se terán en conta nesta convocatoria corresponderán ao exercicio económico 2020.

  • Anuncio de trámite de consulta pública da Ordenanza Municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

    8/03/2024

Páxinas