Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

XX Noite Internacional do Miño

Data: 
23/07/2019
Lugar: 
Parque do Laxal en Rebordáns

O martes, 23 de xullo, ás 21.30 h o parque do Laxal en Rebordáns será o escenario onde se celebre a XX Noite Internacional do Miño¸un evento organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns que cada ano presenta o folclore máis internacional con grupos de distintos continentes.

Este ano actuarán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bisau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.