XV Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui
Do 3 ao 7 de abril celébrase o XV Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui
Play-Doc cumpre 15 edicións. Ao longo destes anos o festival converteuse nun dos eventos culturais con maior prestixio de Galicia e nunha referencia indiscutible entre os festivais de cinema que se realizan en España. Cada edición, cineastas de todo o mundo visitan Tui para compartir a súa obra cos miles de espectadores que enchen as salas do teatro.
No seu quince aniversario Play-Doc volverá sorprendernos cunha programación valente e vangardista na que poderemos gozar das últimas tendencias do xénero así como dun gran número de actividades paralelas como talleres, exposicións, concertos, etc.
Con Play-Doc, Tui proxéctase ao mundo, e o mundo enteiro vense a Tui.