Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XIII Música no Claustro

Data: 
4/08/2018
Lugar: 
Claustro da Catedral de Tui

Do 4 ao 10 de agosto celébrarase o XIII Música no Claustro baixo o lema de Reencontros e co bispo Diego de Avellaneda coma fío narrativo.

Programación

Sábado 4 ás 21.30h

  • Inauguración
  • Conversa de Samuel Diz, director de Música no Claustro, con María Bolaños Atienza, directora do Museo Nacional de Escultura: “1933, unha data clave para o Museo Nacional de Escultura. O sepulcro do bispo de Tui Diego de Avellaneda”
  • Concerto de Álterum Cor dirixido por Valentín Benavides “Polifonía Sacra do Renacemento europeo. As músicas na época de Diego de Avellaneda”

Domingo 5

  • Ás 21.30 h concerto de Germán Diáz e Benxamín Otero “13 cancións bonitas”

Luns 6

  • Ás 18 h Itinerario artístico-escultórico adaptado a persoas con discapacidade visual “Caricias en braille”. Entrada libre. Duración 90 minutos.
  • Ás 21.30 h concerto de Tina&Joe “Blues and Soul night”. Tina Masawi, natural de Zimbaue, ofrece o seu primeiro concerto en España xunto ao guitarrista José Antonio Hernández cun repertorio entre clásicos retros e modernos do jazz, blues e soul.

Martes 7

  • Ás 20.15 h conferencia “Os segredos da imaxinería castelá” a cargo de Miguel Ángel Tapia
  • Ás 21.30 h concerto de Jonatan Alvarado “Pajarillos fugitivos:canciones españolas fuera de casa”

Mércores 8

  • Ás 21.30 h concerto do cuarteto de saxofóns Kebyart Ensemble  “Paris 1918, pour le tombeau de Claude Debussy”

Xoves 9

  • Ás 20.00 h en Ideas Peregrinas presentación do libro “De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García Lorca” publicado pola Alvarellos Editora. A presentación correrá a cargo de Henrique Alvarellos e Carla Fernández.
  • Ás 21.30 h Ciclo de Novos Intérpretes: Carlos Puga, Julia Caro Trigo, Noelia González e Quinteto Entrerías

Venres 10

  • Ás 21.30h

    • Yolanda Castaño ofrece un recital poético do seu último poemario “A segunda lingua”

    • Eva Fernández presenta o seu novo disco “Yo pregunto” acompañada por Josep Munar á guitarra e Enric Fuster á batería.

Taller de Artesanía

  • Do sábado 4 ao martes 7 de agosto de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h no Claustro da Catedral
  • A cargo do imaxineiro Miguel Ángel Tapia
  • Prazas cubertas

Percorrido Nocturno pola Catedral

  • Percorrido polas pegada de Diego de Avellaneda na catedral de Tui, guiado polo historiador Suso Vila
  • Do sábado 4 ao venres 10 ao remate do concerto
  • Capacidade 20 persoas por noite
  • Prezo 6€. Reservas en contacto@musicanoclaustro.com ou no 622 608 494

Ambigú no xardín o Palacio da Catedral

  • Do sábado 4 ao venres 10 ao remate do concerto
  • Encontros de artistas e público
  • Servizo de consumicións