Visita guiada á Ruta dos Pasos de Auga
O martes, 13 de agosto, realizarase unha visita guiada á Ruta dos Pasos de Auga a cargo do alumnado do Obradoiro de Emprego Percorre Tui.
Sairá ás 18.30h do Centro Cultural de Ribadelouro. Trátase dun percorrido circular cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade moderada con valor patrimonial e natural. A duración estimada é de dúas horas e media.
Está recomendada a partir de 9 anos. É preciso inscrición previa no teléfono 986 60 38 58 ou no correo obradoiropercorretui@gmail.com
Este roteiro dos Pasos da Auga é unha das nova rutas establecidas polo obradoiro de emprego Percorre Tui. Transcorre pola parroquia de Ribadelouro tomando o seu nome das construción tradicionais de pedra que cruzan ríos e regatos e que se coñecen precisamente como “Pasos da auga”. No traxecto da rota pásase por lugares coma a ponte de Orbenlle, o lavadoiro e a fonte da Matanza, polas ruínas do muíño de Vides, o paso de Betate que no inverno permite sortear o regato Folón nas crecidas, a mina de Roque construída para o regadío, e que durante a guerra se empregou coma pasadizo. Outro dos puntos por onde pasa a rota é a igrexa parroquial de Santa Columba do século XVIII, de onde parte o vía Crucis, formado por un conxunto de 10 cruces, que remata no Calvario da Magdalena. Tamén parte da ruta transcorre polo un tramo do Camiño Portugués a Santiago.
Cómpre salientar amais que o percorrido conta con gran valor natural formando xa que parte do territorio que percorre forma está integrado no LIC Gándaras de Budiño e na Rede Natura 2000, polo que no percorrido poderanse ver distintas especies coma alisos ou salamandras.