Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita Cárceres e Inquisición en Tui

Data: 
31/10/2017
Lugar: 
Saída da Praza da Inmaculada

O martes 31 de outubro ás 20.15 h celebrarase a Visita Cárceres e Inquisición en Tui, dentro das visitas guiadas gratuítas que organiza o Concello de Tui. Sairá da Praza da Inmaculada e será conducida polo historiador tudense Suso Vila. 

A cidade histórica de Tui conserva elementos patrimoniais que a vinculan a diferentes momentos da historia. A arquitectura carcelaria representada por edificios coma o Cárcere Vello, o cárcere capitular ou o cárcere eclesiástico son só pequenos exemplos das diferentes funcions que se desenvolvían na cidade e que formaban parte da súa paisaxe. A Inquisición tamén será un elemento a ter en contadende os inquisidores que procedían de Tui, aos comisarios ou os familiares do Santo Oficio, eles formaban parte dunha rede que procuraba eliminar calquera rastro de disidencia relixiosa. A igrexa de San Domingos formaría parte desta paisaxe represora ao ser o lugar de reunión da confraría dos familiares da Inquisición en Tui.