Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

V Budiño Raid Terras do Louro

Data: 
19/10/2019
Lugar: 
Mos, O Porriño, Tui

O sábado 19 de outubro, dende ás 19.30 h, está prevista á chegada á rúa Olímpicos dos participantes no V Budiño Raid Terras do Louro. Sairá ás 9.30 h dende Mos para realizar un percorrido de 80 quilómetros divididos en cinco sectores, cun tempo máximo de carreira de 10 horas. É unha competición multidisciplinar na que os participantes terán que demostrar a súa capacidade de resistencia, a súa orientación e a súa habilidade.  Será a cuarta proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2019 e contará con tres categorías Élite, Aventura e Orienta – Raid. Está organizado por BudiñoRAID, a sección de Orientación da Asociación Deportiva A Forna de Budiño.