Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ruta dos Pasos da Auga - Martes 20

Data: 
20/08/2019
Lugar: 
Ribadelouro. Saída do Centro Cultural

O martes, 20 de agosto, ás 10.30 h saíra do Centro Cultural de Ribadelouro unha nova visita guiada pola ruta dos “Pasos da Auga”, deseñada polo Obradoiro Percorre Tui para pór en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Realízase por segunda vez tras o éxito rexistrado na celebra o pasado martes, 13.

Para participar nesta visita gratuíta é preciso inscribirse antes do próximo luns, 19 de agosto, ás 13 h, no teléfono 986 60 38 58 ou no correo obradoiropercorretui@gmail.com.

Lembramos que se trata dun percorrido circular pola parroquia de Ribadelouro que toma o seu nome das construción tradicionais de pedra  que cruzan ríos e regatos. No traxecto da rota pásase por lugares coma a ponte de Orbenlle, o lavadoiro e a fonte da Matanza, polas ruínas do muíño de Vides, o paso de Betate que no inverno permite sortear o regato Folón nas crecidas, a mina de Roque construída para o regadío, e que durante a guerra se empregou coma pasadizo. Outro dos puntos por onde pasa a rota é a igrexa parroquial de Santa Columba do século XVIII, de onde parte o vía Crucis, formado por un conxunto de 10 cruces, que remata no Calvario da Magdalena. Tamén parte da ruta transcorre polo un tramo do Camiño Portugués a Santiago e forma parte do LIC Gándaras de Budiño e da Rede Natura 2000.