Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunión cos veciños de Paramos

Data: 
10/11/2018
Lugar: 
Centro Cultural de Guillarei

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, convoca para este sábado, 10 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei unha asemblea cos veciños de Paramos e Guillarei afectados pola explosición do 23 de maio.  O obxectivo desta reunión é informar do resultado da viaxe a Madrid que realizou esta semana. Tamén aproveitará para repasar as últimas medidas adoptadas polo concello relacionadas coa catástrofe de Paramos, dando conta da situación actual.