Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "Homes de ferro" de Alfredo Conde

Data: 
12/02/2020
Lugar: 
Club Náutico San Telmo

O mércores, 12 de febreiro, ás 19 h no Club Náutico San Telmo terá lugar a presentación do libro "Homes de ferro" de Alfredo Conde, editado por Ézaro Ediciones.

O acto contará coa intervención de Alfredo Conde, autor; Manuel Lara, presidente de Buxa, e Alejandro Diéguez, editor. 

Homes de ferro conta a aventura que emprenderon catro amigos irlandeses navegando nun currach desde Irlanda ata Galicia.  A historia narra as aventuras vividas polos remeiros, os sitios nos que recalaron, as súas xentes, os seus contratempos, o tesón, o esforzo, pero tamén os momentos de esparcemento nos diferentes portos, as xornadas de cantos, risas e complicidade e, por suposto, as súas reflexións máis íntimas e profundas. O periplo, culminado no 2016, converteuse en emblema do Camiño por mar.