Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pistacatro con “Baila un vestido verde”

Data: 
20/08/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

"Baila con un vestido verde" é o título do espectáculo de rúa que Pistacatro presenta o xoves 20 de agosto, ás 21 h, no Paseo da Corredoira. Marta Alonso en  "Baila con un vestido verde" emprega a danza para xogar e convidar ao espectador a xogar.

 A capacidade está limitada a 100 espectadores previa reserva de entrada en  www.enterticket.es

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 17 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.