Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro de Globoflexia con Ian&Elisa

Data: 
19/12/2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Tui

O xoves, 19 de decembro, ás 17 h haberá un obradoiro creativo de globoflexia a cargo de Ian e Elisa Alfaya-Perez Hamilton na Biblioteca Pública Municipal de Tui.
O obradoiro creativo de globoflexia con Ian e Elisa vai dirixido aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idades. No mesmo os participantes gozarán aprendendo a facer globos, ao tempo que se estimulará a súa creatividade e a destreza, e se promoverá a lectura mediante varios contos. A parte final do obradoiro será con música na que os nenos e as nenas bailarán ao tempo que constrúen as súas creacións maxistrais.

Para participar nesta actividade é necesario realizar unha inscrición previa, que inclúe a autorización paterna na propia Biblioteca Municipal ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

Este obradoiro abre o programa “O Nadal na Biblioteca” promovido por este centro bibliotecario con actividades de animación dirixidas especialmente aos seus usuarios máis novos.