Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro de Compostaxe

Data: 
4/09/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O Paseo da Corredoira acollerá o venres, 4 de setembro, ás 10.30 un obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Para participar é preciso inscrición previa en compostaxe@tui.gal ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5metros.

Os participantes distribuiranse en grupos illado de 9 persoas en función da idade:

  • Xogo da Miñoca” para nenos de 6 a 7 anos
  • “Quen Vive?” para cativos de 8 a 9 anos,
  • “Microcompostaxe” para os participantes que teñan entre 9 a 14 anos. 

O obradoiro en caso de choiva realizarse no pavillón municipal.

Esta actividade está organizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui e o CEIDA.