Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Bardo Abelardo con "

Data: 
15/10/2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Tui

O xoves, 17 de outubro, ás 18 h, a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o contacontos musical “A música da auga” a cargo do Bardo Abelardo.

Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local.  Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.

“A música da auga” é un conto musical que pon en valor a parte feminina das nosas vidas: a auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.