Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Noró” Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, en concerto

Data: 
9/11/2018
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

“Noró” é o título do concerto que  Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ofrecerán o venres, 9 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui. 

Noró, o último traballo de Xabier Díaz é  un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara  camiños insospeitados por explorar.

  • Prezo 10€ - 8 €
  • Xénero: Música
  • Clasificada: Todos os públicos.
  • Recomendada: Todos os públicos
  • Idioma: Galego
  • Duración: 90 min
  • Autor: Xabier Díaz

Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres, 9 de novembro, ás 12h ou o mesmo venres dende ás 20h no despacho de billetes.