Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Mostra da Camelia Cidade de Tui

Data: 
19/01/2019
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal da Área Panorámica

IV Mostra da Camelia Cidade de Tui  celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro na Área Panorámica de Tui. Está organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de TuiDeputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia.

O acto inaugural será o sábado ás 12.15h no Teatro Municipal. No mesmo farán entrega dunha camelia aos máis de 80 expositores de toda Galicia, Asturias e Portugal que achegarán centos de variedades desta flor. Tamén aos participantes e gañadores do II Concurso de Debuxo e Poesía.

Mentres a mostra desenvolverase na Sala Municipal de Exposicións con horario de visita o sábado de 16.30h a 21h e o domingo de 10 a 14 e de 16 a 20h.

Están previstas outras actividades coma un Obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego o sábado ás 17.45h na Sala Félix Rodríguez. Será impartido pola presidenta da Sociedade Española da Camelia. 

O domingo, tamén na sala Félix Rodríguez, ás 17.30h haberá unha charla coloqui sobre a vespa velutina e a preparación de trampas.

Tamén estarán expostos os traballos premiados participantes no II Concurso de Debuxo e Poesía convocado por ATUCA co lema “Camelia, Flor na invernía Galega”. Participou o alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses.

Tui – IV Mostra da Camelia Cidade de Tui

  • Lugar: Sala de Exposicións Municipal
  • Horario:
    • Sábado 19 de 16.30h a 21h
    • Domingo 20 de 10 a 14h e de 16 a 20h.
  • Actividades:
    • Sábado
      • Ás 12.15h inauguración no Teatro Municipal 
      • Ás 17.45h Obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego na Sala Félix Rodríguez. Impartido pola presidenta da Sociedade Española da Camelia.
    • Domingo ás 17.30h  na sala Félix Rodríguez charla coloquio sobre a vespa velutina e a preparación de trampas.
  • Organiza: ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia