Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Igual É +

Data: 
1/09/2020
Lugar: 
Tui

Do 1 ao 9 de setembro de 9 a 14 h vaise desenvolver o Programa de Conciliación "IGUAL É +”

Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui. 

Ofértanse 70 prazas para nenos e nenas distribuídos en 7 grupos de 10 integrantes a realizar tanto no centro urbano coma nas parroquias de forma simultánea.

Cada grupo traballará sobre unha temática específica tendo en conta o principio de igualdade e aplicando a perspectiva de xénero:

1.         Tui Urbano 1: Temática. Mulleres Senlleiras Galegas

2.         Tui Urbano 2: Temática. As Profesións

3.         Caldelas De Tui: Temática.  Educación Emocional

4.         Guillarei: Temática. Artes Escénicas

5.         Pazos De Reis: Temática Descubre O Teu Talento

6.         Randufe: Temática Música E Baile

7.         Areas.: Temática. A Natureza

Contará cun estrito protocolo COVID de medidas hixiénico sanitarias.

Inscrición até o venres, 28 de agosto, presentando o impreso de solicitude xunto coa documentación requirida nas bases da convocatoria por rexistro de entrada ou na sede electrónica.

Este programa de fomento da Conciliación “IGUAL É +” foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Concello de Tui.

A información sobre este programa Igual É + pódese ampliar no 986 60 36 25 ext. 54.

 Bases Igual É +

 Tríptico Igual É +

 Formulario de inscrición Igual É +

 Cartel Igual É +

 Protocolos e actuacións COVID 19

Declaración responsable