Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ghazafelhos con “Acuario”

Data: 
13/08/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

Ghazafelhos Teatro presenta o xoves, 13 de agosto, ás 21 h no Paseo da Corredoira o espectáculo rúa con “Acuario” con capacidade para 100 persoas. 

"Acuario" está baseado no libro homónimo de poemas de María Canosa. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo dun xeito ameno e divertido con vistosos monicreques, e co humor e dinamismo dos actores Pepablo Patiño, Marisa Canosa e Montse Piñón. 

Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico... e mariño.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 10 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.