Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galeatro con "Carabela"

Data: 
24/10/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Galeatro presenta o sábado, 24 de outubro, ás 18.30 h, no Teatro Municipal de Tui “Carabela”. É unha proposta teatral para público familiar escrito por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que  forma parte do elenco xunto a Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez.

Carabela é a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástica para sair da soidade na que se atopa rodeada de peixes mutantes, de paxaros choromicas e de verteduras que non alimentan. O corazón da nena de plástica comeza a latexar para coñecer que hai máis alo, e para axudar a Carabela a saír da illa.

  • Autora: Paula Carballeira
  • Dirección: Davide González
  • Elenco: Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez
  • Espazo escénico: Galeatro
  • Espazo sonoro: Davide González
  • Deseño iluminación: Nacho Martín
  • Deseño imaxe: Andrea Ures
  • Vestiario e marionetas: Diego Valeiras

Recomendada a partir de 4 anos.

Duración: 55 minutos.

Entradas: 4€ e 3€.

Venda de entradas dende o luns 19 de outubro até o sábado ás 17.30 h, e o sábado 24 dende ás 17.30 h e até o comezo do espectáculo no despacho de billetes. 

Comprar entradas