Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festival de Outono de Corais de Tui

Data: 
11/10/2017
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá o mércores, 11 de outubro, ás 20h o Festival de Outono de Corais de Tui no que participarán as tres agrupacións corais do municipio. Serán a coral do Centro Sociocomunitario de Tui dirixida por Moisés Lorenzo Alonso, a Coral Polifónica Ponte das Febres de Ribadelouro baixo a dirección de Rafael Pérez Dopeso, e a Coral San Telmo dirixida por Celso Diéguez Martínez. 

A entrada é gratuíta e débense retirar un máximo de dúas por persoa dende ás 19.30h.