Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Fantoches Baj con “Os romeiros do caracol”

Data: 
30/07/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

Fantoches Baj presenta o xoves, 30 de xullo, ás 21 h o espectáculo "Os romeiros do caracol" no Paseo da Corredoira. Terá capacidade para 100 persoas previa reserva de entrada en  www.enterticket.es

Trátase dun espectáculo de monicreques e música no que Inacio Vilariño, director, actos e manipular, e Carlos Quintá, músico, achégannos ás historia do camiño de San Andrés de Teixido baseándose na obra "Romarías e Santuarios de Galicia" de Antón Fraguas.   Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos que empregan xunto a unha escenografía dun enorme caracol no que se cantan e contan as lendas de San Andrés.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 27 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.