Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Monte Aloia, a creación dun lugar"

Data: 
24/12/2018
Lugar: 
Sala Xacobeo da Área Panorámica

"Monte Aloia, a creación dun lugar" é o título da exposición que dende o luns 24 ata o venres 4 de xaneiro poderá visitarse na Sala Xacobeo da Área Panorámica.

A mostra, organizada co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural, busca recoñecer a figura e o papel desempeñado polo enxeñeiro Rafael Areses como gran impulsor deste espazo natural.