Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dani García con “Don Gelati”

Data: 
23/07/2020
Lugar: 
Paseo da Corredoira

Dani García presenta o xoves, 23 de xullo, ás 21 h, no Paseo da Corredoira o espectáculo d emaxia "Don Gelati" con capacidade para 100 persoas. 

Un curioso vendedor de xeados, Don Gelati, chega á praza principal do pobo, pero sofre constantes infortunios co seu carriño que terá que solucionar rapidamente. Dani García iniciouse no ilusionismo con Lorc&julit. Formouse tanto en España coma nos Estados unidos. Ten actuado en África, Oriente Medio, Europa e Estados Unidos.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 20 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.