Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Contacontos no Día da Biblioteca

Data: 
24/10/2017
Lugar: 
Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal de Tui

Co gallo da celebración o martes, 24 de outubro, do Día da Biblioteca, a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre ás 17 h e ás 19.15 h un contacontos a cargo de Chirlomirlo.  O Sombreireiro Tolo visita a Biblioteca tudense na busca de Alicia. Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxe do conto “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol. O espectáculo combinará maxia, a construción dun libro máxico cos asistentes e mesmo dalgúns dos monicreques do conto.   

Dado o aforamento limitado da sala infantil – onde se vai celebrar a actividade – é preciso inscribirse ata o 18 de outubro na Biblioteca, no primeiro andar da Área Panorámica – entrada porta 5 - ; por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou no teléfono 617 49 81 03. A biblioteca tudense abre  de luns a venres de 9 h a 14h e de 15 a 21h e os sábados de 9 a 13h.