Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto Leilía "Cantarelas"

Data: 
26/07/2020
Lugar: 
Rúa Compostela

A rúa Compostela acolle o domingo 26 de xullo, ás 22.30 h, o concerto "Cantarelas" de Leilía. Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez celebran os seus trinta anos no mundo da música folk tradicional coma Leilía.  En CantarElas aunan temas emblemáticos con outros menos coñecidos, cun percorrido polas distintas sonoridades do grupo. 

Lelía naceu en 1989 da man destas seis mulleres que querían recuperar do esquecemento a tradición oral galega.

Poderán asistir ao concerto 300 persoas sentadas e 150 persoas de pé tras reservar previamente entrada en www.enterticket.es.

Previamente ás 21.30 h na rúa Compostela actuará Kote Malabar co espectáculo de rúa “Cirkote”.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 20 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 90 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.