Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Sinfónica da Eurocidade

Data: 
22/12/2017
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

Obras clásicas e composicións de Nadal serán as que interprete a Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença para celebrar o Nadal. Téndese unha nova ponte de colaboración entre os dous centros de ensino musical da Eurocidade.

Director: Luís Caballero Varona

Intérpretes:  Alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença

Repertorio: Obras de Vivaldi, Holst, Strauss, panxoliñas españolas e portuguesas.

Xénero:  Concerto

Clasificada: Todos os públicos

Duración: 100 min.

Idioma: Galego

Prezos: 6€ - 4,5€. Entrada á venda ata o mesmo día da función ás 12h en www.culturatui.info ou no despacho de billetes o mesmo día dende hora e media antes do comezo.