Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Nadal

Data: 
21/12/2018
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

A Orquestra Sinfónica de Tui, e o Coro Mistura Vocal ofrecerán o venres, 21 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui o "Concerto de Nadal". 

Obras clásicas, bandas sonoras e composicións do Nadal serán as que interprete a Orquestra Sinfónica de Tui, integrada por alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui, no Concerto de Nadal. Participará tamén o coro Mistura Vocal dirixido por Aloia Martínez. Non faltarán as sorpresas.

Director da Orquestra Sinfónica de Tui: Luís Caballero Varona

  • Prezos 6 € - 5 €
  • Duración: 90 min.

Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres, 21 de decembro, ás 12h, ou o mesmo venres dende ás 19.30h no despacho de billetes.