Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Fin de Ano 2019

Data: 
27/12/2019
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O 2019 despedirase con música no Teatro Municipal de Tui. O venres, 27 de decembro, ás 21h celebrarase o Concerto de Fin de Ano.

Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, da Coral Polifónica Ponte Das Febres e da Coral San Telmo De Tui.

As entradas poranse á venda o luns 23 de decembro en culturatui.info até o venres 27 ás 12 h, e o mesmo venres 27 dende ás 19.30 h no despacho de billetes. Terán un prezos de 5€ e 3€ para menores de 12 anos e para os posuidores do carné xove, carné de estudante, carné da Biblioteca Pública Municipal de Tui, carné de persoa con discapacidade, así coma para familias numerosas, persoas desempregadas e xubiladas.