Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto da Banda Música Popular de Tui (sección madeira)

Data: 
19/08/2020
Lugar: 
Praza de San Fernando

O mércores, 19 de agosto, ás 21 h, a sección de madeira da Banda de Música Popular de Tui ofrece un concerto baixo a dirección de  Eloy Carrera Bernárdez. Estaba previsto na praza de San Fernando, pero debido á previsión de choiva realizarase no Teatro Municipal.

Será cun concerto con capacidade para 100 persoas. Débese facer reserva previa de entradas dende o luns 17  de agosto, ás 12 h, en  www.enterticket.es, cun máximo de tres localidades por persoas. 

O acceso farase dende ás 20.30 h por orde de chegada. As entradas non validadas ás 20.50 h poderán reasignarse a outra persoa. 

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 17  de agosto,. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.