Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto "Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués"

Data: 
17/10/2020
Lugar: 
Cárcere Vello

O sábado, 17 de outubro, ás 19.00 h terá lugar no Cárcere Vello, en Tui, o concerto "Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués" a cargo de Leni Pérez e Roberto Comesaña.

O repertorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 min. Na escolma do repertorio contaremos con todo tipo de cantares de tradición oral, do arquivo privado de Leni Pérez, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, dende cantos de labor, a cantos de lecer, cantares do ciclos festivos anuais (Nadal, Manueles, Reis e Xaneiras), historias e romances, cantos de berce, de xogos, etc