Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema: Peter Rabbit

Data: 
7/08/2020
Lugar: 
Paseo Fluvial

O Paseo Fluvial acollerá o venres, 7 de agosto, ás 22.15 h a proxección da película "Peter Rabbit" dentro da programación do verán en Tui. A capacidade está limnitada para 300 persoas previa reserva de entrada en www.enterticket.es

A personaxe creada por Beatrix Potter vive novas aventuras nun filme dirixido por Will Gluck e protagonizado por Dani Rovira, Belén Cuesta e Silvia Abril.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 3 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso á proxección  60 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.