Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "O que arde" de Oliver Laxe

Data: 
7/02/2020
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres, 7 de febreiro,  proxectarase no Teatro Municipal de Tui a película "O que arde" de Oliver Laxe producida por Miramemira.  Será en dobre pase ás 19.30 h e ás 21.30 h.

O filme recibiu dous premios Goya, o de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e o de Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce.

Sinopse: Amador regresa á súa casa, nunha aldea perdida nas montañas lucenses, tras cumprir condena por provocar un incendio. Volverá convivir coa súa nai, a súa cadela e as súas tres vacas. Todo cambia cando un violento lume arrasa a zona.

  • Dirección: Oliver Laxe
  • Guión: Oliver Laxe / Santiago Fillol
  • Fotografía: Mauro Herce
  • Montaxe: Cristóbal Fernández
  • Son: David Machado, Sergio da Silva, Amanda Villavieja, Xavi Souto
  • Vestiario: Nadia Acimi
  • Produción: Miramemira, 4 a 4 Productions, Tarantula, Kowalski Films
  • Reparto: Benedicta Sánchez, Amador Arias, Inazio Abrao, Elena Fernández, David de Poso e Álvaro de Bazal
  • Xénero: Cinema/Drama
  • Clasificada: +7
  • Recomendada:
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma: Galego

As entradas poranse á venda o sábado, 1 de febreiro, ás 0 h en www.culturatui.info até o venres 7 ás 12 h . Tamén se poderán adquirir o venres, 7 de febreiro, dende ás 20 h no despacho de billetes. Os prezos son 5€ a entrada xeral, e 4€ a entrada infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.