Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema: Mascotas 2

Data: 
21/08/2020
Lugar: 
Paseo Fluvial

 A proxección de "Mascotas 2" pecha o venres, 21 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial o cinema ao aire libre dentro da programación do verán en Tui. A capacidade está limnitada para 300 persoas previa reserva de entrada en www.enterticket.es

Novas aventuras de Max, Gidget e Snowball neste filme de animación dirixido por Chris Renaud e Jonathan del Val.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 17 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso á proxección  60 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.