Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "A illa das Mentiras"

Data: 
12/03/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Paula Cons dirixe “A illa das Mentiras”, un filme protagonizado por Nerea Barros,  Aitor Luna, Darío Grandinetti e Victoria Teijeiro. O  filme proxectarase o venres, 12 de marzo, ás 19.30 h no Teatro Municipal.

Tres mulleres convertéronse en heroinas hai 100 anos ao botarse ao mar para salvar aos supervivintes do Santa Isabel,  que navegaba rumbo a Bos Aires con 260 persoas a bordo. Tras o afundimento do barco lograron salvar a 48 persoas. Pero esa noite houbo “terribles casualidades” na illa coma descobre un xornalista arxentino que acudiu á illa a cubrir a noticia do naufraxio.

Duración: 93 minutos

Prezos: 6€ e 5€.

Venda de entradas dende o luns 8 de marzo até o venres 12 ás 18.30 h

MERCAR ENTRADAS

Recomendada: Público adulto